Colombia

''Colombia'' ou «terra de [[Cristovo Colón Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, o Brasil ó sueste, o Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; a República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou na creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intensidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.

Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado. Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 20 results of 384 for search 'Colombia', tempo de consulta: 0.02s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3
    Publicado 2011
    “...Alfredo Manuel Ghiso | Colombia...”
    Consulte los textos completos aquí
    Revista
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
    Publicado 2007
    “...Maria Elena Manjarres (Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  8. 8
  9. 9
  10. 10
  11. 11
    Publicado 2005
    “...Nelson Ernesto Lopéz(Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  12. 12
    Publicado 2006
    “...Miguel Angel Maldonado Garcia (Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  13. 13
    Publicado 2004
    “...Javier Botero Alvarez(Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  14. 14
  15. 15
    Publicado 2006
    “...Julian de Zubiria Samper (Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  16. 16
  17. 17
    Publicado 2003
    Enlace del recurso
    Revista
  18. 18
  19. 19
    Publicado 2002
    “...Bernal de Ramírez I. (Colombia)...”
    Enlace del recurso
    Revista
  20. 20
    Publicado 1999
    “...EI TIMSSy sus resultados para Colombia /...”
    Enlace del recurso
    Revista